sábado, 21 de abril de 2012

Utilidade das técnicas de estudo


3.TECNICAS DE ESTUDO
O coñecemento de técnicas eficientes para o estudo faise imprescendible si se quere obter un nivel de excelencia académica.
Para elo o alumno debe afrontar os estudos con optimismo e convición. Poñer ilusión no que fai. Actuar con seriedade e rigor. Debe ser flexible co método de estudo.
Saber estudar. Coñecer  as fases do estudo: lectura inicial, comprensión, subrayado das ideas principais, elaboración das fichas resumen, memorización, repasos sucesivos, repaso final.
Asistir a clase, prestar atención, tomar apuntes durante as explicacións, esto axuda a aumentar a capacidade retentiva nun 75%. Elaborar os seus propios apuntes. Facer os deberes diariamente. 
O lugar de estudo debe de ser fixo e o mais cómodo posible, con boa iluminación e nun entorno tranquilo.
É importante a planificación. O alumno ten que determinar o ritmo de estudo diario. Planificar ben a semana de exámenes. Organizar o tempo disponible entre eles para poder repasar.
Mostrar ambición para preparar os exámenes para obter boas notas, esto dalles un marxe de seguridade, pois inda que lles baixe a nota sempre poden aprobar.
Considero que as informacións sobre técnicas de estudo poden resultar de gran utilidade para toda aquelas persoas que están estudando e necesitan aprender a estudar dunha forma máis eficaz e satisfactoria para evitar posibles fracasos escolares.

viernes, 20 de abril de 2012

Importancia das TIC na educación


2 Blog “TIC-TAC  Formas de ensinar, maneiras de aprender”
 AS TIC na educación constituen un método innovador que facilita o aprendizaxe a creación e a difusión do coñecemento.
Internet significa coñecemento compartido, traballo colaborativo e comunicación inmediata.   É a revolución no mundo do coñecemento.
As ferramentas 2.0 reunen as condicións ideales para o aprendizaxe:
-  Alumnos motivados, que queren saber, crean contidos e aplican o que aprenden.
-  Profesores  motivadores que despertan o interés
-    Metodoloxía que permite o crecemento
O mundo que coñeciamos ampliase co que nos ofrece internet que sigue crecendo a gran velocidade. A información multiplícase e democratízase.
Levar as TIC a escola significa ser capaces de comunicarnos na linguaxe que utilizan os nosos alumnos, coñecer o mundo no que debemos ensinarlles a vivir.
A actitude do profesor hacia o aprendizaxe é a clave para o cambio metodolóxico que nos propón a escola 2.0.

Utilidade dos recursos web no traballo orientador


1 “A conquista das palabras” é un blog de gran utilidade no traballo do orientador. Pódense compartir experiencias e materiales para o ensino obligatorio (infantil, primaria, ESO).
Encontramos una experiencia interesante en relación a lectura dos contos infantiles que implica a adquisición de criterio, cultura, educación e coñecementos dos nosos alumnos. As historias e personaxes contribuen a consolidar a súa escala de valores humanos, a facer persoas porque a lectura compartida educa.
Son moitos os beneficios que se obteñen. . Ler significa descifrar un código, da fluidez verbal, abre a imaxinación, educa a emoción, sistematiza o esforzó. Un esforzó que será imprescendible para o estudo, para o traballo e para a vida.
Os país e profesores co seu esforzó e ilusión estimulan a aficción pola lectura facendo dese aprendizaxe instrumental un aprendizaxe vivo.
Blog, “Recursos para a divesidade”. Pictograma.Room. Fai uso de tecnoloxias de realidade aumentada, de gran utilidade para a intervención con persoas con autismo. É una aplicación que pode axudarlles a mellorar desde aspectos básicos da comunicación hasta a comprensión de conceptos abstractos.
Consiste nun espello no que se pode ver o propio neno xunto con un boneco que o representa. A partir de ahí desenvolvese una liña pedagóxica composta por exercicios para o desenrolo do esquema corporal, a imitación, a atención conxunta…Porque logo facilitan a adquisición de habilidaes máis complexas relacionadas coa comunicación e con aspectos que os nenos con autismo teñen dificultade.
A Habitación dos Pictogramas. Supón una forma lúdica de avanzar en áreas claves do desarrollo mediante apoios visuais e musicais donde o neno pode aprender aspectos básicos da comunicación como o recoñecemento dun mismo, a atención conxunta e a imitación.
As actividades organizanse en varios bloques según o seu cometido a nivel pedagóxico: traballo individual, interacción co educador, conciencia dun mismo, atención, imitación e comunicación.
Esta recurso é de gran utilidade no traballo con alumnos do espectro autista xa que a metodoloxía das actividades é personalizada. O software é compatible co Windows 7. Podese baixar de forma gratuita en http:/www.pictogramas.org