Crear un blog pode ser moi
gratificante para o profesor e moi útil para os alumnos.
O uso do blog pode resultar unha
excelente experienciaeducativa como
fonte de motivación para os aprendizaxes das competencias lingüísticas dos alumnos de educación primaria.
Unha actividade interesante é o
traballo da prensa na escola, donde os alumnos son os protagonistas das suas noticias, a súa publicación é
inmediata e esto reforza o seu aprendizaxe.
O blog permite compartir
experiencias e relacionarse entre os compañeiros.
A creación do blog polos alumnos
implica que teñen que aprender a organizarse, a compartir e traballar ca
información.
O blog pode ser utilizado como
caderno virtual, donde se recollen as actividades realizadas, podendo valorar a
evolución do traballo.
Desde
o inicio da experiencia na Web da autora e creadora do blog Orienta-Gades, en
2005, as visitas o seu blog aumentaron de forma considerable. As entradas mais
solicitadas son as relacionadas coas probas libres para otítulo de bacharelato, as probas de acceso a
Universidade e as probas para a obtención do Graduado e a descarga do programa
Orienta.
Os OBXETIVOS doBlog
como ferramenta de Orientación Educativa:
·O uso do blog pretende incorporar as TIC na
labor orientadora, proporcionando ferramentas para a toma de decisión do
alumnado. Ofrecerlle as familias material de formación para a educación dos
seus fillos
·Recopilar recursos, webs, ferramentas para a
formación, materiais… relacionados ca orientación e a educación en xeral. O
blog permite engadir enlaces, tendo así esa información máis accesible e
organizada. O lector RSS permite estar o dia das noticias publicadas nas
páxinas web que nos interesan.
·Proporcionar os titores material útil para a
acción titorial: técnicas de estudo, titorias interactivas, guias de
ciberbullyng, redes sociais, anorexia, materiais das probas de diagnóstico.
·Dar información das posibilidades de
reincorporarse o sistema educativo para aquelas persoas que o abandonaron
nalgún momento.
ESTRUTURA do Blog e RECURSOS que podemos atopar.
A información estruturase en Categorias e Etiquetas. As
Categorias son os contidos xerais do mesmo. As Etiquetas están en forma de
nubes según a importancia. As barras laterais incluen información que se queren
destacar en momentos determnados, enlaces. Tamen aparecen páxinas estáticas de
interés para os usuarios: probas, normativa, descargas, enlaces a portales e
webs de interés.
PROXECTOS
Proponse engadir actividades de titoria guiadas e
interactivas de utilidade para os titores da ESO. Actividades fixas sobre
atención a diversidade, convivencia…
A autora do blog considera necesario o traballo colaborativo
dos profesionais como enriquecedor e para compartir o esforzo que conleva o
traballo no campo da orientación.
Valoro a exposición como muy didáctica para as persoas que nos
estamos formando eaprendendendo. O
emprego das TIC na práctica profesional é de moito interés, xa que facilitan o
traballo e fan posible unha millor intervenciónna comunidade educativa. Estou dacordo completamente na idea de
compartir os nosos coñecementos a través de internet, como actividade de
formación continua.
·O feito de escribir sobre o noso traballo
axudanos a reflexionar sobre os éxitos e os fracasos, podendo así melloralo.
·A adquisición das competencias TIC polo
profesional da orientación educativa é necesaria porque facilita e complementa
a súa función de facer propostas e asesorar a comunidade educativa.
·Facilitase a comunicación e participación entre os
orientadores a través do blog. Podendo publicar as propias experiencias e tamén
atopar novas ideas. Todo elo contribue o seu desenvolvemento profesional.
· Fomenta
a participación da comunidade educativa e facilita o traballo interactivo entre
os seus membros.
·A práctica na presentación dos traballos fai
necesaria a búsqueda de información sobre o tema e conleva unha mellora na
construcción gramatical, conseguindo así que as explicacións sexan máis claras.
·Favorece o desenvolvemento da imaxinación
para dar forma as ideas propias, personalizando o diseño do propio blog.
·Aparecen oportunidades de aprender doutros
profesionais da orientación e compartir experiencias, mellorando personal e
profesionalmente.
·O blog pode contribuir positivamente na mellora
da imaxe do profesional da orientación. Con él pode ofrecer os seus
coñecementos e o seu tempo de forma altruista dando máis valor o seu traballo
diante a comunidade educativa.